Saltar ao contido principal

Publicacións

Samaín 2022

  Benquerida Comunidade Educativa!      Outro ano máis queremos dar cabida ás festividades que tanta riqueza cultural nos aportan. Achegándonos ao Samaín, transmitirvos a información do que se vai desenvolver ao longo da semana do 24 ao 28 de Outubro , para conmemorar o Samaín 2022 no cole.  O alumnado poderá vir  Disfrazado o Venres 28 de Outubro.   Un disfrace  que non dificulte a autonomía das cativas e cativos, como poden ser os disfraces dunha soa peza. Respecto ás Merendas , poden traer unha merenda terrorífica no relativo á festividade (arañitas, dedos terroríficos, biscoito de cabaza…) para o seu gozo individual. No relativo á Exposición de Cabazas levaremos a cabo unha  exposición  das mesmas. Unha vez rematada a semana de festividades, anunciaremos as cabazas gañadoras do Concurso de Cabazas Castelao 2022 .  Cada participante voluntario deberá traela "tuneada" de casa ao cole entre o Luns 24 e o Mércores 26 de Outubro ...

Letras Galegas 2022!

Querida Comunidade Educativa:   Chegamos a unha das Conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: 17 de Maio: Día das Letras Galegas . Éste ano, da man do poeta  Florencio Manuel Delgado Gurriarán.    Como pistoletazo, o  pasado mércores día 11 de Maio,  estiveron na nosa escola  Os Terribles de Donas . Unha formación de música tradicional que xa celebra este ano o seu 50 aniversario, e coa que gozamos dun bonito concerto. Concerto E, como cada 17 de maio, publicamos   a nosa Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas . Deseñada polo alumnado e profesorado con tanto a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace esperando que sexa do voso goce:  AS NOSAS COUSAS Nº 17 

Entroido 2022!

Benquerida Comunidade Educativa. Comezamos a Semana do Entroido , unha festa popular que enche de ledicia a nosa comunidade educativa. Como é tradición no cole, contamos cos Mandatos do Meco .  Atentas e atentos a riqueza dos mandatos escollidos polo alumnado de infantil e primaria.  Lembrade que estamos inmersos en acadar Obxectivos de Desenvolvemento de Sostibilidade, polo que sería un pracer contar con todo tipo de material de refugallo no material que empreguemos para levar a cabo os mandatos.  FELIZ SEMANA DE ENTROIDO 2022

3 Decembro: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

No cole seguimos dándo voz e vida as Conmemoracións. Nesta ocasión no marco do 3 de Decembro : Día Internacional das Persoas con Discapacidade .  Nesta ocasión, a creatividade de 4º de Primaria , atendendo ó chamamento do Equipo Dinamizando e Complementando a Convivencia, deseñou a carteleira que enmarca o vestíbulo do cole. Un mural que acolle o noso PDI de centro  RqueR , pois empregánronse os tapóns reciclados nun cartel cheo de sostenibilidade e sensibilidade.  Ase mesmo, atendendo a invitación dos nosos veciños de APAMP , as aulas colaboraron na iniciativa de decorar un  decoración dun paraugas que colgamos ó longo do enrexado do cole seguindo cos do propio APAMP e ALENTO .   Se queredes ver a reportaxe desta iniciativa pinchade na imaxe. Podedes visitar o seguinte enlace publicado na biblioteca da Maga Tomasa, onde atoparedes recursos seleccionados polo noso Departamento de Orientación, e máis fotos desta Conmemoración. MATERIAIS PARA EXPLORAR O 3 D ....

25 - N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. G razas a colaboración de toda a Comunidade Educativa, visualizamos e démoslle voz ao noso rexeitamento á violencia de xénero, a través de diversas iniciativas. Deixamos unha mostra  das mesmas, esperando que sexa do voso goce:  Materiais para APRENDER , REFLEXIONAR  e XOGAR , recompilados polo noso Departamento de Orientación :  GENIAL.LY MURAL  representativo elaborado polo alumnado de 5 anos e 1º de Primaria :  SEMENTANDO ESPERANZA : VERDE SOBRE VIOLETA. Dende as aulas de infantil e primaria, levouse a cabo unha fermosa iniciativa que tivo como obxectivo sementar esperanza contra a violencia de xénero.  As cativas e cativos, coa colaboración das familias, trouxeron calzado para pintalo da cor representativa desta tan sentida Conmemoración para, a continuación, sementar esperanza con terra e vulvos, es...

20 - N: DÍA INTERNACIONAL DO NENO E DA NENA

Para darlle voz a Declaración dos Dereito do Neno e a Nena , as profes de 2º de Primaria  coordinaron a creación deste fermoso mural no que colaboraron todas as cativas e cativos do cole. 

SAMAGOSTÍN 2021

     Benquerida Comunidade Educativa!      Outro ano máis non deixamos de dar cabida ás Conmemoracións que tanta riqueza cultural aportan a nosa sociedade. Toda a Comunidade Educativa demos voz ás festas do Magosto e Samaín a través da semana do Samagostín 2021 .       Ao longo da semana creamos un ambiente de festa, achegando castañas para, grazas a colaboración das familias, poder asalas e degustalas o Venres 29, día da festa; cabazas decoradas para facer unha exposición terrorífica, ambientando o cole grazas aos adornos típicos destas festividades e, como colofón, festa "rachada" o venres 29, onde grazas aos disfraces terroríficos, castañas asadas , merendas arrepiantes ... logramos achegar ese calor que aporta o noso patrimonio cultural galego.      Deixamos un pequeno reportaxe fotográfico que resume a semana terrorífica, esperando que sexa do voso gozo: (pinchade na imaxe para acceder á reportaxe) (pinchade na ...