SAMAGOSTÍN 2021

    Benquerida Comunidade Educativa!

    Outro ano máis non deixamos de dar cabida ás Conmemoracións que tanta riqueza cultural aportan a nosa sociedade. Toda a Comunidade Educativa demos voz ás festas do Magosto e Samaín a través da semana do Samagostín 2021

    Ao longo da semana creamos un ambiente de festa, achegando castañas para, grazas a colaboración das familias, poder asalas e degustalas o Venres 29, día da festa; cabazas decoradas para facer unha exposición terrorífica, ambientando o cole grazas aos adornos típicos destas festividades e, como colofón, festa "rachada" o venres 29, onde grazas aos disfraces terroríficos, castañas asadas, merendas arrepiantes... logramos achegar ese calor que aporta o noso patrimonio cultural galego.

    Deixamos un pequeno reportaxe fotográfico que resume a semana terrorífica, esperando que sexa do voso gozo:



... todavía temos máis fotos arrepiantes:

Samagostín 2021



... Grazas!







Comentarios