25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Grazas a colaboración de toda a Comunidade Educativa, visualizamos e démoslle voz ao noso rexeitamento á violencia de xénero, a través de diversas iniciativas. Deixamos unha mostra das mesmas, esperando que sexa do voso goce:
Materiais para APRENDER, REFLEXIONAR e XOGAR, recompilados polo noso Departamento de Orientación:
MURAL representativo elaborado polo alumnado de 5 anos e 1º de Primaria:
SEMENTANDO ESPERANZA: VERDE SOBRE VIOLETA. Dende as aulas de infantil e primaria, levouse a cabo unha fermosa iniciativa que tivo como obxectivo sementar esperanza contra a violencia de xénero.
As cativas e cativos, coa colaboración das familias, trouxeron calzado para pintalo da cor representativa desta tan sentida Conmemoración para, a continuación, sementar esperanza con terra e vulvos, esperando que pronto medren verdes, manifestando a nosa repulsa á violencia de xénero.
Deixamos unha REPORTAXE fotográfica que reflexa a riqueza desta vivenza.
Comentarios
Publicar un comentario