Benquerida Comunidade Educativa! Outro ano máis non deixamos de dar cabida ás Conmemoracións que tanta riqueza cultural aportan a nosa sociedade. Toda a Comunidade Educativa demos voz ás festas do Magosto e Samaín a través da semana do Samagostín 2021 . Ao longo da semana creamos un ambiente de festa, achegando castañas para, grazas a colaboración das familias, poder asalas e degustalas o Venres 29, día da festa; cabazas decoradas para facer unha exposición terrorífica, ambientando o cole grazas aos adornos típicos destas festividades e, como colofón, festa "rachada" o venres 29, onde grazas aos disfraces terroríficos, castañas asadas , merendas arrepiantes ... logramos achegar ese calor que aporta o noso patrimonio cultural galego. Deixamos un pequeno reportaxe fotográfico que resume a semana terrorífica, esperando que sexa do voso gozo: (pinchade na imaxe para acceder á reportaxe) (pinchade na ...