Saltar ao contido principal

3 Decembro: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

No cole seguimos dándo voz e vida as Conmemoracións. Nesta ocasión no marco do 3 de Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Nesta ocasión, a creatividade de 4º de Primaria, atendendo ó chamamento do Equipo Dinamizando e Complementando a Convivencia, deseñou a carteleira que enmarca o vestíbulo do cole. Un mural que acolle o noso PDI de centro RqueR, pois empregánronse os tapóns reciclados nun cartel cheo de sostenibilidade e sensibilidade. 



Ase mesmo, atendendo a invitación dos nosos veciños de APAMP, as aulas colaboraron na iniciativa de decorar un  decoración dun paraugas que colgamos ó longo do enrexado do cole seguindo cos do propio APAMP e ALENTO.  

Se queredes ver a reportaxe desta iniciativa pinchade na imaxe.


Podedes visitar o seguinte enlace publicado na biblioteca da Maga Tomasa, onde atoparedes recursos seleccionados polo noso Departamento de Orientación, e máis fotos desta Conmemoración.

MATERIAIS PARA EXPLORAR O 3 D

... seguimos!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O noso Samaín

Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de es...

Letras Galegas 2025

Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As  Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras  Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral.  No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras  Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos   a  Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...

Samaín 2024

 Prezadas familias! Hoxe comezamos a semana que Conmemora o Samaín. Como pistoletazo, e grazas a vosa colaboración, faremos o Concurso de Debuxos e Relatos que dan visibilidade á figura dos Seres Mitolóxicos de Galicia.   Lembrade que desde o Equipo de Biblioteca, contamos coa proposta da " hora de ler a escuras ": E xa no mes de Novembro,  continuaremos dándolle vida a nosa tradición galega grazas a Exposición dos Froitos de Outono .