Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta animación á lectura

Libros de medo.

O Consorcio Editorial Galego ven de facer público uns carteis con información sobre publicacións de literatura infantil que poden vir moi ben nestas datas próximas ao Samaín. Votádelle unha ollada, pero.....coidado! Mesmo algún destes libros pode facervos TREMER CO MEDOOOOO....!!!!

Contacontos

Dia mundial da Auga

O Salón do Libro de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Premendo na imaxe podedes aceder a toda a información e ao calendario de actividades destes dias. Saúdos.  

Entroido

Enviamos esta información por si é do voso interese. Saúdos SÁBADO DE ENTROIDO EN PELES GUEDELLAS: DE DISFRACES E CONTOS " Comeza Entroido 2012 e na nosa librería estamos xa preparadas para os festexos Que necesitamos? Nada especial, só a libraría chea de nen@s cos seus disfraces e moita alegría, porque as sorpresas que se nos pasaron pola cabeza xa estarán alí. Empezamos ás 18.30h. Haberá contos de principio a fin, disfraces e moitas máis cousas. Podíamos revelar máis detalles, pero temos a certeza de que confiades en nós, a que si?" Dirección Dr. Cadaval 21, 36202 Vigo Teléfono 886131539
Esta fin de semana estivemos en CULTURGAL e descubrimos os novos contos da editora PATASDEPEIXE Estes contos foron creados por Zdenëk Miler. Máis abaixo vos deixo uns vídeos da toupiña que son lindísimos" A toupiña e o outono A toupiña descóbrenos as estacións Zdeněk Miler A toupiña e o inverno    A toupiña e a primavera A toupiña e o verán VIDEOS

Contos con agarimo

A editorial Patasdepeixe volve a deleitarnos cun novo conto Un album ilustrado de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.

Contos do Samaín

Carlos e Sabela Labraña: Indo para o Samaín Ilustracións de Fernando L. Juárez Col. Montaña Encantada. Serie Azul Ed. Everest Galicia. León, 2002 Obra de teatro de acto único e sete escenas en torno á noite do Samín, o 31 de outubro na que os celtas celebraban a chegada do inverno ... 48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN     84-403-0423-4 Os Bolechas van á festa dos Calacús Pepe Carreiro ...

Novidades Fresca!

Ola, ola! Teño unha noticia de última hora; de gran interese para os amantes dos contos. Lembrades "O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" da Editora PatasdePeixe Pois tivemos a sorte de que esta gran editora puxera no mercado galego outros dos grandes libros: PERDIDO? e A VACA QUE PUXO UN OVO . Como é unha editora pequena e familiar os aconsello que contactedes directamente con ela para conseguir máis rapidamente os contos ( info@patasdepeixe.es )

Contos en galego- Lectores autónomos

Unha recopilación da literatura galega para os lectores e lectoras máis autonomos. Saúdos http://www.filix.org/catalo2.html

Contos en galego- Primeiros lectores

Prezadas familias: Aquí tedes unha listaxe de libros recomendado por BLIX (Biblioteca de Literatura infantil e xuvenil) para aos vosos fillos/fillas. Unha aperta http://www.filix.org/catalo1.html