Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Actividades para a dinamización da lingua galega

Menos bolsas, máis vida.

O EDNL  quere facer chegar ás familias do noso alumnado unha iniciativa que ten moito que ver co noso PDI deste curso "Pinga a pinga, pensa en verde". Trátase da convocatoria, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dun concurso dirixido ao alumnado de educación primaria da nosa comunidade autónoma. O obxecto deste concurso é elaborar o deseño da imaxe de bolsas de merenda reutilizables (de tea) e enmárcase dentro dos obxectivos desta consellería de fomentar a redución de consumo de bolsas de plástico dun só uso. O prazo para participar é entre o 1 e o 28 de abril de 2019. A persoa autora do deseño seleccionado e máis o centro escolar ao que pertenza recibirán como premio 250€ para adquisición de material escolar. Podedes acceder a toda a información sobre esta convocatoria premendo nesta imaxe: ...así como ás bases do concurso e ós requisitos precisos para participar.

Cartas gañadoras

Este curso 2018-19, dende o EDNL quixemos poñer en marcha unha nova iniciativa mediante a convocatoria do "I Certame de Cartas ao Apalpador". Algúns dos nosos alumnos decidiron participar neste concurso presentando producións plásticas e escritas de grande vistosidade e sensibilidade. O gañador de cada categoría foi premiado cun agasallo que esperamos que disfruten moito. Carolina Jario - Infantil 3 anos - A Categoría infantil Sara Álvarez - 2º Categoría 1º/2º Primaria Mario López - 4º Categoría 3º/4º Primaria Hugo Braña - 5º Categoría 5º/6º Primaria Por este ano, isto foi todo. Esperamos que na convocatoria do vindeiro curso, ti tamén te animes a participar. Aproveitamos para desexarvos a todos un.....

EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN.

Esta páxina está elaborada polos equipos de dinamización dá lingua galega pertencentes á Xunta de Galicia. Está dirixida tanto para profesores coma para ás familias que queiran realizar distintas actividades relacionadas coa nosa lingua .   Nela podedes atopar actividades de diferentes temas e días sinalados; recursos audiovisuais, blog de interese, revistas, axendas culturais etc...