Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta RqueR

Letras Galegas 2022!

Querida Comunidade Educativa:   Chegamos a unha das Conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: 17 de Maio: Día das Letras Galegas . Éste ano, da man do poeta  Florencio Manuel Delgado Gurriarán.    Como pistoletazo, o  pasado mércores día 11 de Maio,  estiveron na nosa escola  Os Terribles de Donas . Unha formación de música tradicional que xa celebra este ano o seu 50 aniversario, e coa que gozamos dun bonito concerto. Concerto E, como cada 17 de maio, publicamos   a nosa Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas . Deseñada polo alumnado e profesorado con tanto a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace esperando que sexa do voso goce:  AS NOSAS COUSAS Nº 17 

Entroido 2022!

Benquerida Comunidade Educativa. Comezamos a Semana do Entroido , unha festa popular que enche de ledicia a nosa comunidade educativa. Como é tradición no cole, contamos cos Mandatos do Meco .  Atentas e atentos a riqueza dos mandatos escollidos polo alumnado de infantil e primaria.  Lembrade que estamos inmersos en acadar Obxectivos de Desenvolvemento de Sostibilidade, polo que sería un pracer contar con todo tipo de material de refugallo no material que empreguemos para levar a cabo os mandatos.  FELIZ SEMANA DE ENTROIDO 2022