Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta editorial
Esta fin de semana estivemos en CULTURGAL e descubrimos os novos contos da editora PATASDEPEIXE Estes contos foron creados por Zdenëk Miler. Máis abaixo vos deixo uns vídeos da toupiña que son lindísimos" A toupiña e o outono A toupiña descóbrenos as estacións Zdeněk Miler A toupiña e o inverno    A toupiña e a primavera A toupiña e o verán VIDEOS

Contos con agarimo

A editorial Patasdepeixe volve a deleitarnos cun novo conto Un album ilustrado de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.

Novidades Fresca!

Ola, ola! Teño unha noticia de última hora; de gran interese para os amantes dos contos. Lembrades "O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" da Editora PatasdePeixe Pois tivemos a sorte de que esta gran editora puxera no mercado galego outros dos grandes libros: PERDIDO? e A VACA QUE PUXO UN OVO . Como é unha editora pequena e familiar os aconsello que contactedes directamente con ela para conseguir máis rapidamente os contos ( info@patasdepeixe.es )