Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Samaín 2022

Samaín 2022

  Benquerida Comunidade Educativa!      Outro ano máis queremos dar cabida ás festividades que tanta riqueza cultural nos aportan. Achegándonos ao Samaín, transmitirvos a información do que se vai desenvolver ao longo da semana do 24 ao 28 de Outubro , para conmemorar o Samaín 2022 no cole.  O alumnado poderá vir  Disfrazado o Venres 28 de Outubro.   Un disfrace  que non dificulte a autonomía das cativas e cativos, como poden ser os disfraces dunha soa peza. Respecto ás Merendas , poden traer unha merenda terrorífica no relativo á festividade (arañitas, dedos terroríficos, biscoito de cabaza…) para o seu gozo individual. No relativo á Exposición de Cabazas levaremos a cabo unha  exposición  das mesmas. Unha vez rematada a semana de festividades, anunciaremos as cabazas gañadoras do Concurso de Cabazas Castelao 2022 .  Cada participante voluntario deberá traela "tuneada" de casa ao cole entre o Luns 24 e o Mércores 26 de Outubro ...