Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Regueifando 2026

Bo día! Xa está aquí o esperado vídeo coa participación do noso alumnado no Regueifando 2026. O alumnado de 5º e 6º encargouse da elaboración das coplas e o alumnado de 1º, 3º e 4º da súa interpretación. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

As nosas cousas

 Ola, familia Castelao! Xa está aquí o número 21 da nosa publicación máis esperada: a revista As nosas Cousas. Nela, as diferentes clases, especialistas e equipos dan visibilidade ás actividades realizadas ao longo do curso. E, como non podía ser doutro xeito, en honra ao noso marabilloso PDI, as súas páxinas están cheas de maxia e fantasía. Así que séntate cómoda e mergúllate nun mundo de aprendizaxes, ilusións e experiencias compartidas. As nosas cousas 2025/2026 de Sabela

Os irmáns Grimm

Ola, familia Castelao! Ao abeiro do PDI de centro deste curso, Maxia e fantasía , o alumnado de 5º levou a cabo unha investigación sobre os irmáns Grimm. Como produto final, o alumnado de 5ºB gravou unha serie de programas na nosa radio escolar afondando na obra de Brancaneves .  Neles, un dos grupos realiza unha aproximación á vida e obra dos autores para, a continuación, comparar a versión clásica coa moderna do conto. Tamén podedes escoitar unha análise feminista da historia, unha reflexión sobre as dinámicas de poder que aparecen nela e un repaso ao papel dos sete ananos. Agardamos que gocedes moito da escoita! 

Letras galegas 2026. Begoña Caamaño. A nosa celebración.

Ola familia do Castelao! Como cada ano, chegamos a unha das conmemoracións que co seu nome dalle peso a lingua da nosa Comunidade Autónoma: As letras Galegas 2026! Da man de Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano, enmarca o seu legado como xornalista, escritora e activista feminista.  (preme na imaxe para acceder ao contido) Alumnado e profesorado rendímoslle homenaxe a través de diversas iniciativas que gamifican os diferentes eidos da súa vida, quedando así: O alumnado de Infantil , contou o Luns 18 de Maio, coa animación  homenaxe a Begoña Caamaño. Da man de “ Donde viven los Cuentos ”, vivenciaron  a mitoloxía galega desde unha perspectiva contemporánea e de igualdade, a partir da narración e creación artística, reforzando a lingua galega como vehículo cultural. preme na imaxe para acceder á galería de fotos Desde o  primeiro ciclo de Primaria, aproveitaron a Radio Castelao , para gravar fragmentos radiofónicos icónicos de Begoña Caamaño, dándolle vida coa súas...

Intercambio de correspondencia

Ola familia Castelao!  Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, complácenos compartir con vós unha iniciativa orientada a gamificación da nosa lingua: O intercambio de correspondencia. O alumnado dos diferentes niveis de Primaria, deseñaron as cartas que ían enviar ao alumnado dos diferentes coles de Galicia que quixeron participar con nós en dita iniciativa. Falamos do CEIP Canicouva, CEIP Fleming, CEIP Antonio Palacios, CEIP Melide Nº 1, CEIP Plurilingúe Irmáns Villar e o CEIP Celso Emilio Ferreiro. Dita iniciativa desenvolveuse con éxito, pois recibíronse a totalidade das correspondencias por ambas vías. Deixamos unha pequena mostra, esperando que sexa do voso agrado.