Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

O 8M con Carolina Bruzón

  Benquerida comunidade educativa: Con motivo da celebración do 8M , quixemos achegar ao noso colexio un referente feminino da nosa cidade. Ela é Carolina Bruzón , unha muller empoderada que rachou moitas barreiras e estereotipos de xénero seguindo un único precepto: ser fiel a si mesma. Carolina foi bombeira, traballou tamén como formadora de bombeiros e percorreu toda Sudamérica coa única compaña da súa bicicleta, demostrando que a valentía, a perseveranza e a confianza nunha mesma poden levarnos moi lonxe. As nosas voluntarias da radio escolar fixéronlle unha marabillosa entrevista para que a poidades coñecer un chisquiño mellor. Agardamos que desfrutedes moito da escoita!

23 F: Rosalía de Castro. A nosa celebración.

Benquerida comunidade educativa! Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro , o alumnado de diferentes grupos do cole, recitou e musicalizou unha variedade de poemas de Rosalía, vivenciando e enriquecendo a súa obra.   Esperamos que gocedes coa nosa antoloxía poética sonora!