Saltar ao contido principal

Publicacións

17 - M: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa estamos no mes de Maio , no que Conmemoramos o 17 como o Día das Letras Galegas . Este ano a través da figura de Xela Arias. XELA ARIAS O alumnado de 3º de Primaria , foi o encargado, nesta conmemoración, de crear un precioso mural adicado a poeta protagonista. Expertos en traballo cooperativo, queren que cooperemos todos para coñecer a lenda da autora.   Tamén acordamos homeneaxear a súa obra: Non te amola ! lendo anacos da mesma grazas as voces e ilustracións do profesorado e alumnado: Os alumnos e alumnas de  4º curso de Primaria  estiveron traballando con moitísimo entusiasmo en torno á figura de  Xela Arias . Animábaos a ilusión de participar no  III Concurso de Podcasts  de  Radio na Biblio .   Radio na Biblio   Aulas coma a de 5 anos , acordaron facer a súa pequena homenaxe sementando  galego  a través dun mural cooperativo:

REVISTA DIXITAL Nº 16: "AS NOSAS COUSAS"

Querida Comunidade Educativa! Como cada ano, mostramos a  Revista Dixital Nº 16 do cole: " As Nosas Cousas ". O deseño de cada páxina  acolle todos eses momentos de investigacións, toma de decisións, esforzo e  emoción . C un protagonista incomparábel: o alumnado. Deixamos unha mostra da portada, chea de creatividade, pois a causa dun erro tipográfico temos que aprazar a publicación da revista, que sairá nuns días! PUBLICADA A REVISTA DAS LETRAS GALEGAS :  Premede na imaxe para acceder ós contidos.

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

  O 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figuras máis relevante da literatura galega. É stas foron algunhas das grandes  iniciativas que levaron a cabo o alumnado nas aulas: O alumnado de   5º de Primaria  foi o encargado de crear a carteleira que decora a entrada da nosa escola. A aula de 4 anos A quixo pórlle cor ó día dunha das nosas musas: Rosalía .  Mediante a aprendizaxe a través do asombro e o descubrimento, os cativxs atoparon espalladas pola aula diversas pezas dun mural que tiñan que compoñer. Deste xeito traballaron a atención, a coordinación visomotriz, a aproximación á lecto - escritura, a aprendizaxe cooperartiva e a relación coa nosa contorna cultural. Despois de moitas voltas, lograron darlle forma axeitada ó mural, ata compoñer un fermoso retrato de Rosalía creado por Abi Castillo , unha das artistas viguesas que estamos a traballar neste curso. Logo quixemos encher de cor os pedazos dese puzzle mu...

ENTROIDO 2021

Chegou o Entroido ao cole Castelao. Cheo de risas, retrouso, troula e animación. Celebrámolo como se merece a pesar das restricións, é dicir, co espíritu que envolve ésta grande celebración. Aquí tedes unha mostra do vivido na blogue da biblioteca . Pinchade na imaxe e gozade coa crónica:  

ENTROIDO - MECO 2021

  ENTROIDO 2021 Benquerida Comunidade educativa!  Estamos a piques de comezar a semana do  ENTROIDO 2021 , e como é a nosa tradición contamos cos DITADOS do MECO : " "Abride ben os ollos, pois se a maxia queres atraer, estes retos deberás facer" ⇩ Ditado Xoves :  " esto bailase así " FELIZ ENTROIDO 2021!!

30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021

30 de Xaneiro :   Día Escolar da NoN Violencia e a Paz 2021   "No hay camino para la paz: la paz es el camino" - Mahatma Ghandi -     Estamos a piques de conmemorar, éste Venres 20 de Xaneiro do 2021 , o día da non violencia e a Paz no cole, pois somos territorio de paz.      A pandemia do coronavirus restou actualidade a un problema emerxente no mundo: a crise dos refuxiados.  Sabes que é un refuxiado? Sabela e Laura , dúas compañeiras de 6º de Primaria que, ademais, son alumnas bibliotecarias, cóntannos un conto da Biblioteca co que entenderedes perfectamente que é unha persoa refuxiada: Antía a Paula , alumnas bibliotecarias de 6º, cóntannos esta historia dunha nena que quere cambiar o mundo. Animádevos a coñecela?  http://biblionavia.blogspot.com/2021/01/malala.html Leo e Rosalía (6...

25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

    Q UERIDA COMUNIDADE EDUCATIVA: Estamos a piques de conmemorar o día  25 DE NOVEMBRO , Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres ,  polo que todo alumnado de infantil aprobou participar activamente no deseño dun cartel conmemorativo deste tan especial día de novembro, e aquí tedes o GRANDE resultado:  ...soprando esas palabras que ensombrecen os nosos pensamentos, damos paso a aquelas que ensanchan o nosos corazóns. Por iso, é o noso desexo agasallarvos cun vídeo conmemorativo de parte do alumnado de infantil, esperando que sexa do voso disfrute:  ... PENSA PALABRAS BONITAS... PENSA BONITO!! NON DEIXEDES DE VISITAR O BLOGUE DE ORIENTACIÓN (Pinchade na imaxe para acceder ao contido)