Saltar ao contido principal

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 



O 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figuras máis relevante da literatura galega. Éstas foron algunhas das grandes iniciativas que levaron a cabo o alumnado nas aulas:

O alumnado de 5º de Primaria foi o encargado de crear a carteleira que decora a entrada da nosa escola.





A aula de 4 anos A quixo pórlle cor ó día dunha das nosas musas: Rosalía
Mediante a aprendizaxe a través do asombro e o descubrimento, os cativxs atoparon espalladas pola aula diversas pezas dun mural que tiñan que compoñer. Deste xeito traballaron a atención, a coordinación visomotriz, a aproximación á lecto - escritura, a aprendizaxe cooperartiva e a relación coa nosa contorna cultural.
Despois de moitas voltas, lograron darlle forma axeitada ó mural, ata compoñer un fermoso retrato de Rosalía creado por Abi Castillo, unha das artistas viguesas que estamos a traballar neste curso.
Logo quixemos encher de cor os pedazos dese puzzle mural para que decorase a nosa aula. A imaxe que encabeza este post é o resultado desta aventura. E aquí tedes o proceso: 










Na aula de 5 anos A, acordaron investigar a versión do poema de Rosalía Negra sombra...? Escoitade esta interpretación do dúo Évoeh mentras observades éstxs grandes artistas. 





 

Na aula de 5 anos B, conmemoraron a Rosalía a través da composición dun puzzle - retrato da nosa grande poetisa. 


O alumnado de 1º e 2º de Primaria creou uns preciosos libros sobre Rosalía e pintou o seu retrato empregando a técnica de Andy Warhol. 

O alumnado de 4º de Primaria, preparou un capítulo no seu programa de radio, dedicado a poetisa:

Pinchade na imaxe

Dende o Equipo de Biblioteca propuxeron a escoita dun poema musicado de Rosalía. 




...que a maxia da nosa contorna nos achegue pasiño a pasiño a educar para e na vida. NORABOA!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O noso Samaín

Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de es...

Letras Galegas 2025

Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As  Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras  Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral.  No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras  Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos   a  Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...

CONCURSO MAGOSTÍN

Boa tarde, benquerida comunidade!   Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E FANTASÍA! Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín . Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e fantasía!  Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca. Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que p...