Xa estamos no mes de Maio, no que Conmemoramos o 17 como o Día das Letras Galegas. Este ano a través da figura de Xela Arias.
O alumnado de 3º de Primaria, foi o encargado, nesta conmemoración, de crear un precioso mural adicado a poeta protagonista. Expertos en traballo cooperativo, queren que cooperemos todos para coñecer a lenda da autora.
Tamén acordamos homeneaxear a súa obra: Non te amola! lendo anacos da mesma grazas as voces e ilustracións do profesorado e alumnado:
Os alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria estiveron traballando con moitísimo entusiasmo en torno á figura de Xela Arias. Animábaos a ilusión de participar no III Concurso de Podcasts de Radio na Biblio.
Comentarios
Publicar un comentario