Ola, familia Castelao!
Ao abeiro do PDI de centro deste curso, Maxia e fantasía, o alumnado de 5º levou a cabo unha investigación sobre os irmáns Grimm.
Como produto final, o alumnado de 5ºB gravou unha serie de programas na nosa radio escolar afondando na obra de Brancaneves.
Neles, un dos grupos realiza unha aproximación á vida e obra dos autores para, a continuación, comparar a versión clásica coa moderna do conto. Tamén podedes escoitar unha análise feminista da historia, unha reflexión sobre as dinámicas de poder que aparecen nela e un repaso ao papel dos sete ananos.
Agardamos que gocedes moito da escoita!

Comentarios
Publicar un comentario