Boa tarde, benquerida comunidade!
Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E IMAXINACIÓN!
Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín. Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e imaxinación!
Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca.
Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que poden inspirarvos... Pero podedes basearvos noutros e, por suposto, confiamos na vosa imaxinación para que o nacemento de Magostín sexa toda unha celebración!
Comentarios
Publicar un comentario