Saltar ao contido principal

Letras galegas 2026. Begoña Caamaño. A nosa celebración.

Ola familia do Castelao!

Como cada ano, chegamos a unha das conmemoracións que co seu nome dalle peso a lingua da nosa Comunidade Autónoma: As letras Galegas 2026! Da man de Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano, enmarca o seu legado como xornalista, escritora e activista feminista. 

(preme na imaxe para acceder ao contido)

Alumnado e profesorado rendímoslle homenaxe a través de diversas iniciativas que gamifican os diferentes eidos da súa vida, quedando así:

O alumnado de Infantil, contou o Luns 18 de Maio, coa animación homenaxe a Begoña Caamaño. Da man de “Donde viven los Cuentos”, vivenciaron a mitoloxía galega desde unha perspectiva contemporánea e de igualdade, a partir da narración e creación artística, reforzando a lingua galega como vehículo cultural.
preme na imaxe para acceder á galería de fotos

Desde o primeiro ciclo de Primaria, aproveitaron a Radio Castelao, para gravar fragmentos radiofónicos icónicos de Begoña Caamaño, dándolle vida coa súas propias voces. 

 

O segundo ciclo de Primaria, enmarcou o seu traballo na Literatura. Co soporte de pequenos carteis, foron acollendo frases de elaboración propia seguindo a perspectiva feminista da autora, a través do pensamento dun personaxe feminino secundario dunha obra coñecida. 

Por último, o terceiro ciclo centrou o seu proxecto nun dos eidos da súa vida e que tanto a define: o xornalismo. Coa análise das novas de Begoña Caamaño, déronlle nome aos valores que definiron a súa vida profesional. Alén diso, partiron dun fragmento de Morgana en Esmelle onde a autora define quen é Morgana:

O meu Nome é Morgana.
Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot.
Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. 
Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, e de tantas outras como poidades imaxinar, hai parte da miña esencia, pero eu son máis, moito máis do que a suma ou o seu conxunto.
Eu son Morgana e esta é a miña historia. Contada por min mesma, coa miña voz. A única historia en que me vexo e en que me recoñezo. Por máis que haxa quen lembre doutro modo os feitos.

Todo este traballo quedou recollido nunha Instalación Artística no recibidor do cole, a onde vos animamos a achegarvos para descubrir as diferentes facetas de Begoña, todas elas unidas a través dos distintos fíos que teceron a súa vida.

O IDIOMA É A FORZA QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN. SE PERDEMOS A FALA                  PERDEMOS A NOSA ESENCIA.

LETRAS GALEGAS 2026💙!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

O noso Samaín

Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de es...

CONCURSO MAGOSTÍN

Boa tarde, benquerida comunidade!   Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E FANTASÍA! Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín . Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e fantasía!  Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca. Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que p...

23 F: Rosalía de Castro. A nosa celebración.

Ola comunidade Castelao! Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro , o alumnado de diferentes grupos do cole, recitou e musicalizou unha variedade de poemas de Rosalía, vivenciando e enriquecendo a súa obra.   Esperamos que gocedes coa nosa antoloxía poética sonora!