Ola comunidade Castelao!
Este é un mes moi especial nos colexios de Galicia porque celebramos o Día do Libro.
Nós comezamos o mes cun obradoiro de escritura dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria da man do escritor Adrián Viéitez. Aprendemos e desfrutamos un montón con el. Grazas Adrián por compartir o teu tempo con nós!
Na radio gravouse un programa moi enriquecedor no que participáchedes familias, alumnado e profesorado. Nel compartíronse recomendacións lectoras para todas as idades. Podedes escoitalo aquí:
O propio Día do Libro, o 23 de abril, o alumnado de 5ºB de Primaria asistiu á Gala Rosalía organizada pola Deputación de Pontevedra para a entrega de premios. Aínda que a nosa creación non resultou gañadora, tivemos a oportunidade de desfrutar do visionado dos vídeos gañadores e de toda a creatividade do alumnado.
Nós presentámonos cun poema de Rosalía de Cantares Gallegos musicalizado coa axuda do noso estupendo mestre Jesu:
Finalmente, o luns 27 celebramos o Día do Libro cunha actividade que nos encanta: o apadriñamento e amadriñamento do alumnado máis pequerrecho do centro. O alumnado maior encargouse de seleccionar unha lectura en lingua galega para lerlle as súas afilladas/os e os pequenos agradecéronllo cun fermoso marcapáxinas. Unha xornada de convivencia chea de aventuras e moito, moito agarimo.

Comentarios
Publicar un comentario