Benquerida comunidade educativa:
Con motivo da celebración do 8M, quixemos achegar ao noso colexio un referente feminino da nosa cidade. Ela é Carolina Bruzón, unha muller empoderada que rachou moitas barreiras e estereotipos de xénero seguindo un único precepto: ser fiel a si mesma.
Carolina foi bombeira, traballou tamén como formadora de bombeiros e percorreu toda Sudamérica coa única compaña da súa bicicleta, demostrando que a valentía, a perseveranza e a confianza nunha mesma poden levarnos moi lonxe.
As nosas voluntarias da radio escolar fixéronlle unha marabillosa entrevista para que a poidades coñecer un chisquiño mellor.
Agardamos que desfrutedes moito da escoita!

Comentarios
Publicar un comentario