Saltar ao contido principal

Queridísima comunidade Castelao:

Moi feliz Entroido, Antroido, Entruido, Introido, Entrudo… ou como ben lle chamedes! En Galicia temos máis de quince variantes distintas para referirmos a esta celebración que tanto desfrutamos ao longo e ancho do noso territorio.

Porque, do mesmo xeito que existe un feixe de palabras para nomear esta festa popular, tamén hai un feixe de formas de celebrala, cada unha cos seus traxes e máscaras características: os peliqueiros, os cigarróns, os volantes, os boteiros, as pantallas… e, por suposto, os nosos merdeiros!

Todas estas figuras —e algunhas máis— están recollidas na pedagóxica lámina da ilustradora Abi Castillo. Para quen sexa máis de fotografía, o ourensán Tono Arias recolle en Encarnados toda a tradición do Entroido galego, que condensa tamén nunha curta documental que podedes desfrutar aquí.

Agardamos que vivades estes días con ledicia, respecto e moita troula!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

23 F: Rosalía de Castro. A nosa celebración.

Ola comunidade Castelao! Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro , o alumnado de diferentes grupos do cole, recitou e musicalizou unha variedade de poemas de Rosalía, vivenciando e enriquecendo a súa obra.   Esperamos que gocedes coa nosa antoloxía poética sonora! 

CONCURSO MAGOSTÍN

Boa tarde, benquerida comunidade!   Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E FANTASÍA! Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín . Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e fantasía!  Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca. Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que p...

Tíralle da lingua!

Esta semana recibimos no cole unha decena de vídeos para o XIV concurso de relato oral Tíralle da lingua. Este concurso está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega https://www.as-pg.gal/  co fin de promover o uso da lingua galega na comunidade educativa. Podedes ver aquí todos os participantes: A verdade quédamos fascinadas cos vosos relatos e a orixinalidade da posta en escena. Desafortunadamente, só podían pasar 5 relatos á fase final, e a decisión foi moi complicada, pois como podedes ver, o nivel está moi alto! Os títulos finalistas son os seguintes: A nena pandeirereteira Os tres porquiños e a loba O tesouro de Solaina As añas da bisavoa Antonina A cova máxica Moita sorte a todas as finalistas e moitos parabéns a todos polas vosas superproducións!