Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

23F: Rosalía de Castro

Benqueridas lectoras da nosa bitácora! Hoxe celébrase o  Día de Rosalía de Castro,  por ser o día do seu aniversario.  Imaxe da web de Cumio Editora. Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837 en Conxo (Santiago de Compostela) e é unha das autoras galegas máis coñecidas ao longo do mundo. Si, ao longo do  mundo, sen esaxerar. Non esaxeramos porque Rosalía sexa galega e a súa obra nos guste moito ou porque lle dese valor a nosa lingua e cultura, senón que de certo a súa obra e figura é recoñecida máis alá do que imaxinamos. Porque... sabiades que Rosalía de Castro aparece nos  cómics de Batman?  E que ten un mural en Nova York da man da artista viguesa  Vanesa Álvarez?  E que a súa imaxe voa nun avión da compañía  Norwegian Air?  Pero non só iso, senón que o nome de Rosalía resoa a millóns de quilómetros do noso propio planeta, xa que a escritora conta cunha estrela co seu nome. Si, si, como oídes. Aí fóra no ceo estrelado hai u...
Queridísima comunidade Castelao: Moi feliz Entroido, Antroido, Entruido, Introido, Entrudo… ou como ben lle chamedes! En Galicia temos máis de quince variantes distintas para referirmos a esta celebración que tanto desfrutamos ao longo e ancho do noso territorio. Porque, do mesmo xeito que existe un feixe de palabras para nomear esta festa popular, tamén hai un feixe de formas de celebrala, cada unha cos seus traxes e máscaras características: os peliqueiros, os cigarróns, os volantes, os boteiros, as pantallas… e, por suposto, os nosos merdeiros! Todas estas figuras —e algunhas máis— están recollidas na pedagóxica lámina da ilustradora Abi Castillo. Para quen sexa máis de fotografía, o ourensán Tono Arias recolle en Encarnados toda a tradición do Entroido galego, que condensa tamén nunha curta documental que podedes desfrutar aquí. Agardamos que vivades estes días con ledicia, respecto e moita troula!

O día da Candeloria

Moi feliz Candeloria, CEIP Castelao! Seguramente esteades un pouco confundidos con tantas aves esparexidas polo colexio. Pero estes paxariños tan feitiños que vos visitaron polas aulas non son grúas, senón paxaros namorados que  veñen traernos unha mensaxe... Porque hoxe é 2 de febreiro ! O día da Candeloria ou a festa das Candeas. Sóavos de algo? Seguramente non, pero para iso estamos por aquí, para contárvolo! Durante moito tempo tratouse dunha data moi importante en distintas culturas porque coincide coa metade do inverno, o que significa que só queda medio inverno máis para chegar á primavera. Por este mesmo motivo, constituía un día sinalado nos ciclos naturais, e pobos coma o romano ou o celta celebrábano con moita alegría. Trátase dunha época na que, pese a non ser aínda primavera, comezan a percibirse cambios na contorna: as árbores e as plantas amosan os seus primeiros xermolos e os paxaros buscan parella e prepáranse para as súas longas viaxes migratorias. Así pois, ...