Este pasado xoves 30 gozamos dunha fermosa xornada de Samaín: lucimos disfraces, comemos castañas, vestimos o cole cole cos froitos de outono... e para aquelas persoas máis atrevidas houbo un contacontos de medo, amenizado polo fantástico alumnado da ESADg que fixeron un traballo estupendo: moitos parabéns!
Tamén aproveitamos para descubrir os gañadores do concurso de Magostín. Deixamos por aquí unha presentación para que poidades ver todas as participacións, e cara o final, aparecen os deseños gañadores.
Ademais, de entre todos os deseños gañadores, o equipo de actividades extraescolares elixiu a Magostina de Gaia de 3ºB como deseño para.... 🙊 (sorpresa). Moitos parabéns Gaia!E xa para despedirnos, gustaríamos facer un agradecemento a todas vós pola vosa colaboración, facendo posible este Samaín. Mención especial a Uxía, que sempre nos amosa con moito mimo como coidar das nosas hortas e dos animaliños que habitan nelas, e que moi gustosa doou froitos de outono para a nosa exposición. GRAZAS UXÍA!




Comentarios
Publicar un comentario