Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

25 - N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. G razas a colaboración de toda a Comunidade Educativa, visualizamos e démoslle voz ao noso rexeitamento á violencia de xénero, a través de diversas iniciativas. Deixamos unha mostra  das mesmas, esperando que sexa do voso goce:  Materiais para APRENDER , REFLEXIONAR  e XOGAR , recompilados polo noso Departamento de Orientación :  GENIAL.LY MURAL  representativo elaborado polo alumnado de 5 anos e 1º de Primaria :  SEMENTANDO ESPERANZA : VERDE SOBRE VIOLETA. Dende as aulas de infantil e primaria, levouse a cabo unha fermosa iniciativa que tivo como obxectivo sementar esperanza contra a violencia de xénero.  As cativas e cativos, coa colaboración das familias, trouxeron calzado para pintalo da cor representativa desta tan sentida Conmemoración para, a continuación, sementar esperanza con terra e vulvos, es...

20 - N: DÍA INTERNACIONAL DO NENO E DA NENA

Para darlle voz a Declaración dos Dereito do Neno e a Nena , as profes de 2º de Primaria  coordinaron a creación deste fermoso mural no que colaboraron todas as cativas e cativos do cole. 

SAMAGOSTÍN 2021

     Benquerida Comunidade Educativa!      Outro ano máis non deixamos de dar cabida ás Conmemoracións que tanta riqueza cultural aportan a nosa sociedade. Toda a Comunidade Educativa demos voz ás festas do Magosto e Samaín a través da semana do Samagostín 2021 .       Ao longo da semana creamos un ambiente de festa, achegando castañas para, grazas a colaboración das familias, poder asalas e degustalas o Venres 29, día da festa; cabazas decoradas para facer unha exposición terrorífica, ambientando o cole grazas aos adornos típicos destas festividades e, como colofón, festa "rachada" o venres 29, onde grazas aos disfraces terroríficos, castañas asadas , merendas arrepiantes ... logramos achegar ese calor que aporta o noso patrimonio cultural galego.      Deixamos un pequeno reportaxe fotográfico que resume a semana terrorífica, esperando que sexa do voso gozo: (pinchade na imaxe para acceder á reportaxe) (pinchade na ...