1º Premio "Nós tamén creamos"

O alumnado de 2º e 3º recolleron o premio en Santiago pola participación no curso 2016-17 no proxecto "Nós tamén creamos".
Parabéns polo magnífico traballo.




O Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, acolleu o mércores 7 de marzo de 2018 a entrega dos VI Premios Nós tamén creamos! a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística homónimo promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galcia (CRTVG) e con OQOeditora.
 O acto foi presentado polo músico Paco Cerdeira, Pakolas, quen, ao finalizar, ofreceu un pequeno concerto para o alumnado e o profesorado premiado.

Curtas gañadoras

Na modalidade de educación infantil o premio recaeu no profesorado e no alumnado do CEIP de Santo Paio de Abaixo, de Redondela, polo traballo Que mal cheira!. Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o centro galardoado foi o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, polo filme O mundo nos ollos. O compostelán CEIP Mestre Rodríguez Xixirei fíxose co premio na categoría de 3º e 4º de primaria pola curtametraxe A guerra dos números.
Cada un dos centros premiados recibiu un lote de libros de OQOeditora e un exemplar asinado do libro-disco Pakolas, de Paco Cerdeira; unha televisión e un disco do Xabarín da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obtivo unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As curtametraxes seleccionadas poden verse na sección infantil do web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es), así como no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/nos-tamen-creamos).


Comentarios