Saltar ao contido principal

A flor máis grande do mundo


Adaptación do único conto para nenos que escribiu José Saramago.

Un escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.
O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.
Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.
Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar…
“Ao remate foi doado contar a historia. Agora que xa coñeces o argumento, como nola contarías ti?”
Dispoñíbel versión en HD

Duración:
9:48
Ano:
2006

Comentarios

Publicacións populares deste blog

23 F: Rosalía de Castro. A nosa celebración.

Ola comunidade Castelao! Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro , o alumnado de diferentes grupos do cole, recitou e musicalizou unha variedade de poemas de Rosalía, vivenciando e enriquecendo a súa obra.   Esperamos que gocedes coa nosa antoloxía poética sonora! 

CONCURSO MAGOSTÍN

Boa tarde, benquerida comunidade!   Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E FANTASÍA! Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín . Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e fantasía!  Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca. Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que p...

Tíralle da lingua!

Esta semana recibimos no cole unha decena de vídeos para o XIV concurso de relato oral Tíralle da lingua. Este concurso está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega https://www.as-pg.gal/  co fin de promover o uso da lingua galega na comunidade educativa. Podedes ver aquí todos os participantes: A verdade quédamos fascinadas cos vosos relatos e a orixinalidade da posta en escena. Desafortunadamente, só podían pasar 5 relatos á fase final, e a decisión foi moi complicada, pois como podedes ver, o nivel está moi alto! Os títulos finalistas son os seguintes: A nena pandeirereteira Os tres porquiños e a loba O tesouro de Solaina As añas da bisavoa Antonina A cova máxica Moita sorte a todas as finalistas e moitos parabéns a todos polas vosas superproducións!