Saltar ao contido principal

Publicacións

Novo número de O PAPAGAIO

Sabemos que a revista O PAPAGAIO goza de moi boa acollida entre o noso alumnado. Cada vez que chega ás  nosas aulas, vívense momentos de alegría por descubrir a información, os xogos, as entrevistas... que agochan as súas follas. Nesta "realidade distinta" que estamos a vivir, non podemos disfrutar dela en formato impreso, pero igualmente poderemos acceder ós seus tesouros a través do enlace que vos deixamos aquí. Pinchando na imaxe descubriredes todo o que este novo número nos ofrece. Que a disfrutedes....!!!

MECO-ENTROIDO 2020

Menos bolsas, máis vida.

O EDNL  quere facer chegar ás familias do noso alumnado unha iniciativa que ten moito que ver co noso PDI deste curso "Pinga a pinga, pensa en verde". Trátase da convocatoria, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dun concurso dirixido ao alumnado de educación primaria da nosa comunidade autónoma. O obxecto deste concurso é elaborar o deseño da imaxe de bolsas de merenda reutilizables (de tea) e enmárcase dentro dos obxectivos desta consellería de fomentar a redución de consumo de bolsas de plástico dun só uso. O prazo para participar é entre o 1 e o 28 de abril de 2019. A persoa autora do deseño seleccionado e máis o centro escolar ao que pertenza recibirán como premio 250€ para adquisición de material escolar. Podedes acceder a toda a información sobre esta convocatoria premendo nesta imaxe: ...así como ás bases do concurso e ós requisitos precisos para participar.

Cartas gañadoras

Este curso 2018-19, dende o EDNL quixemos poñer en marcha unha nova iniciativa mediante a convocatoria do "I Certame de Cartas ao Apalpador". Algúns dos nosos alumnos decidiron participar neste concurso presentando producións plásticas e escritas de grande vistosidade e sensibilidade. O gañador de cada categoría foi premiado cun agasallo que esperamos que disfruten moito. Carolina Jario - Infantil 3 anos - A Categoría infantil Sara Álvarez - 2º Categoría 1º/2º Primaria Mario López - 4º Categoría 3º/4º Primaria Hugo Braña - 5º Categoría 5º/6º Primaria Por este ano, isto foi todo. Esperamos que na convocatoria do vindeiro curso, ti tamén te animes a participar. Aproveitamos para desexarvos a todos un.....

Cartas ao Apalpador

Dende o EDNL do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao queremos dar continuidade a unha actividade que, ata o pasado ano, desenvolveu a Irmandade dos Apañacastañas. Esta asociación ten coma obxectivo principal  dar a coñecer e divulgar a figura do Apalpador. Por iso, decidimos convocar o I Certame de "Cartas ao Apalpador" dirixido ao noso alumnado e ás súas familias. Co fin de que poidades achegarvos a este personaxe, se aínda non o coñecedes, preparamos este vídeo, no que un grupo de nenos e nenas do colexio relatan o "Conto do Apalpador" de Lúa Sende e Alexandre Miguens.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN

Como cada curso, imos preparar a exposición de cabazas do Samaín. Eiquí vos deixamos a información esperando con ansia ver as creacións tan chulas que sempre preparades xunto cos vosos/as fillos/as. Graciñas pola colaboración e entusiasmo.