Menos bolsas, máis vida.

O EDNL  quere facer chegar ás familias do noso alumnado unha iniciativa que ten moito que ver co noso PDI deste curso "Pinga a pinga, pensa en verde".

Trátase da convocatoria, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dun concurso dirixido ao alumnado de educación primaria da nosa comunidade autónoma. O obxecto deste concurso é elaborar o deseño da imaxe de bolsas de merenda reutilizables (de tea) e enmárcase dentro dos obxectivos desta consellería de fomentar a redución de consumo de bolsas de plástico dun só uso.

O prazo para participar é entre o 1 e o 28 de abril de 2019.

A persoa autora do deseño seleccionado e máis o centro escolar ao que pertenza recibirán como premio 250€ para adquisición de material escolar.

Podedes acceder a toda a información sobre esta convocatoria premendo nesta imaxe:




...así como ás bases do concurso e ós requisitos precisos para participar.

Comentarios