Xa estamos no mes de Maio , no que Conmemoramos o 17 como o Día das Letras Galegas . Este ano a través da figura de Xela Arias. XELA ARIAS O alumnado de 3º de Primaria , foi o encargado, nesta conmemoración, de crear un precioso mural adicado a poeta protagonista. Expertos en traballo cooperativo, queren que cooperemos todos para coñecer a lenda da autora. Tamén acordamos homeneaxear a súa obra: Non te amola ! lendo anacos da mesma grazas as voces e ilustracións do profesorado e alumnado: Os alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria estiveron traballando con moitísimo entusiasmo en torno á figura de Xela Arias . Animábaos a ilusión de participar no III Concurso de Podcasts de Radio na Biblio . Radio na Biblio Aulas coma a de 5 anos , acordaron facer a súa pequena homenaxe sementando galego a través dun mural cooperativo: