Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2018

1º Premio "Nós tamén creamos"

O alumnado de 2º e 3º recolleron o premio en Santiago pola participación no curso 2016-17 no proxecto "Nós tamén creamos". Parabéns polo magnífico traballo. O Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, acolleu o mércores 7 de marzo de 2018 a entrega dos VI Premios  N ó s tam é n creamos!  a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica  stop-motion  no marco do programa de dinamización lingüística homónimo promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galcia (CRTVG) e con OQOeditora.  O acto foi presentado polo músico Paco Cerdeira, Pakolas, quen, ao finalizar, ofreceu un pequeno concerto para o alumnado e o profesorado premiado. Curtas gañadoras Na modalidade de educación infantil o premio recaeu no profesorado e no alumnado do CEIP de Santo Paio de Abaixo, de Redondela, polo traballo  Que mal cheira! . Na categoría de 1º ...