- Xogo para dous xogadores sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade (autora: Belén Junquera)
- Webquest: Valentín Paz Andrade (do CEIP Nosa Señora de Xuvencos)
- LIM: Letras Galegas 2012 (CEIP Condesa de Fenosa)
- Materiais do Seminario Galán (Seminario Galán)
- Artigo na Galipedia (a wikipedia en galego)
- Liña do tempo con Dipity (CEIP Frián Teis)
- Recursos para o día das Letras (diadasletrasgalegas.com)
- Xogo do Pasapalabra (Genmagic)
Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de es...
Comentarios
Publicar un comentario