Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2010

Mr. Medo

Unha nena quedou soa no seu cuarto. Pouco a pouco comeza a sentirse soa e desprotexida e asústase de cousas que hai ao seu redor, pero Mr. Medo medra máis e máis. A curtametraxe e a web teñen como función axudar aos mais pequenos a vencer os seus medos. Para conseguilo convídase a nenos e adultos a que dialoguen sobre o medo o seu funcionamento e cómo poder vencelo. Producida polo Master en Creación e Comunicación Dixital. Director: Rubén Martínez, J. Domingo, D. Figaredo, Marcos García Duración: 3:26 Ano: 2006

A flor máis grande do mundo

Adaptación do único conto para nenos que escribiu José Saramago. Un escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir. O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa. Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa. Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar… “Ao remate foi doado contar a historia. Agora que xa coñeces o argumento, como...

O labirinto dos soños

Seis capítulos dunha serie de animación para TV, na que cada capítulo corresponde a unha canción. Conta as peripecias de Ventura tres pelos , un rapaz que nunca quería durmir porque non sabía soñar. Ata que unha noite, lendo un libro de contos, quedou por fir durmido e comezou a soñar. pero tanto soñou que soñaba e así. quedou atrapado no labirinto dos soños, onde vive as máis extraordinarias aventuras e desventuras. Ventura aínda continúa atrapado no labirinto, un lugar con moitos camiños, pero cunha soa saída. Director: Pepe Sendón Duración: 12:11 Ano: 2001

Decálogo para ser lingüísticamente sostenibles

Agradecemos aos compañeiros/as do O Lar de Frianciño este documento onde se recolle o froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; por outra, a tradución da nosa compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso; por último, a maquetación, que é obra do Lar de Friaciño e que esperemos que nos sirva a todos para reflexionar. Saúdos dinamizadores. Decálogo para ser lingüísticamente sostibles