Saltar ao contido principal

Publicacións

RECURSOS ENTROIDO 2011

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Entroido. Neste monográfico especial podedes atopar información bibliográfica e da rede sobre o entroido, especialmente sobre o entroido tradicional galego; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.  Premer na foto :  

Contos con agarimo

A editorial Patasdepeixe volve a deleitarnos cun novo conto Un album ilustrado de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.

Lois Pereiro

Como xa sabedes este ano o homenaxeado no Dia das Letras Galegas é Lois Pereiro . Lois Pereiro deixou un legado poético cunha linguaxe moi concreta, á vez moi visual, un universo de imaxes a través dos seus versos, a súa maneira de se enfrontar a medios, ilusións, ideas e paisaxes vitais que foi pouco a pouco percorrendo ata o momento da súa morte. Deixamos aquí uns enlaces para coñecer máis sobre el: Saúdos. http://mundolois.gl/que-e-mundo-lois http://mundolois.gl/quen-somos#lois-pereiro http://loispereiro.blogaliza.org/ http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/246/lois-pereiro http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18188 [editar] Referencias Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo .

Contos pola Paz

“Mesón do Lobo Garabelos” Menú do día. ESCOLLE UN DOS PRATOS E CLICA NEL! 1.- Entremeses: Bocados de bondade (Mutitumba, unha historia contra o odio) 2.- Primeiro prato: Sopa de esperanza (Yetana, a nena que choraba pedras) 3.- Segundo prato: Caldo de desculpas (Matias, barqueiro dos neboeiros) 4.-Postre: Mel (Mara, abella de terra brava) 5.-Pastel de vodas (Os noivos de area) 6.- Café con leite. (Lehbaile) Contos Solidarios

Salgadiña, a estrela de Fisterra.

Aquí podedes gozar con outro conto sobre a paz dos nosos prezados amigos de "Contos Solidarios" Xa sabedes, premer na imaxe para ler todo o conto.

"Os Magos da Liberdade"

Grazas aos compañeiros de "Contos Solidarios" temos este magnifico conto de "os Magos da Liberdade". Se queredes ler todo o conto preme na imaxe. Saúdos

"As árbores da Paz"

Para ler todo o conto preme no seguinte enlace http://www.contosolidarios.org/contos_vicentinho1.htm