Saltar ao contido principal

Publicacións

Materiais e recursos para a aula.

Nesta pàxina podedes compartir recursos didácticos. Trátase de colaborar coa mellora da calidade do ensino fornecendo materiais para traballar nas aulas os diferentes contidos do currículo e temas transversais: http://recursos.cig-ensino. com/ Saúdos

Novidades Fresca!

Ola, ola! Teño unha noticia de última hora; de gran interese para os amantes dos contos. Lembrades "O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS" da Editora PatasdePeixe Pois tivemos a sorte de que esta gran editora puxera no mercado galego outros dos grandes libros: PERDIDO? e A VACA QUE PUXO UN OVO . Como é unha editora pequena e familiar os aconsello que contactedes directamente con ela para conseguir máis rapidamente os contos ( info@patasdepeixe.es )

Orgullos@s do noso!

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística , ven de pór en marcha esta iniciativa: un espazo web no que amosar o orgullo que sentimos do NOSO, da NOSA LINGUA, da NOSA CULTURA. Preteden facer del un sitio no que se eshiban todo tipo de materiais para seren espallados, copiados, distribuidos...todos coa finalidade de amosar o ORGULLO que sentimos de seren galegos e galegas e teren unha lingua propia. Coincidimos cos compañeiros/asdo ENL do Ceip .Milladoiro de Malpica que  a Lingua és unha riqueza , un tesouro e un sinal de identidade .  Saúdos dinamizadores!

FOTOS ENTROIDO CASTELAO 2010

Aquí deixamos algunhas fotos do Entroido celebrado o venres 12 pola tarde no noso colexio. Foi un Entroido cheo de peixes, pescantinas, cabaliños de mar, polbos, medusas, piratas... A nosa ANPA, tan divertida como sempre, deu o seu toque de humor... Se queres que publiquemos as vosas fotos, envialas ao e-mail do blogue "Dinamiza e NOrmaliza Castelao" enlcastelao@gmail.com Saúdos

Personaxes Entroido de Galicia

Ola! Este Entroido estivemos coñecendo os Personaxes máis típicos do Entroido en Galicia Estes son os traballos que fixemos. Esperamos que vos gusten! Abur e bo Entroido!

Son A Maga do Entroido!

Son a Maga do Entroido , Meco estes dias hei ser, sexas de Vigo ou de Boiro,  estas ordes terás que obedecer. O mércores , como unha bibliotecaria, unhas gafas tra na túa faciana. O xoves , un lapis terás que traer: no pelo ou no xersei o poderás prender. O venres , na cara pintado, traerás un libro recomendado. Feliz Entroido 2010!