Saltar ao contido principal

Publicacións

Tíralle da lingua!

Publicacións recentes

O noso Samaín

 Este pasado xoves 30 gozamos dunha fermosa xornada de Samaín: lucimos disfraces, comemos castañas, vestimos o cole cole cos froitos de outono... e para aquelas persoas máis atrevidas houbo un contacontos de medo, amenizado polo fantástico alumnado da ESADg que fixeron un traballo estupendo: moitos parabéns!  Tamén aproveitamos para descubrir os gañadores do concurso de Magostín . Deixamos por aquí unha presentación para que poidades ver todas as participacións, e cara o final, aparecen os deseños gañadores.   Aquí as fotos cos premios: Ademais, de entre todos os deseños gañadores, o equipo de actividades extraescolares elixiu a Magostina de Gaia de 3ºB como deseño para....  🙊 (sorpresa). Moitos parabéns Gaia! E xa para despedirnos, gustaríamos facer un agradecemento a todas vós pola vosa colaboración, facendo posible este Samaín. Mención especial a Uxía, que sempre nos amosa con moito mimo como coidar das nosas hortas e dos animaliños que habitan ne...

CONCURSO MAGOSTÍN

Boa tarde, benquerida comunidade!   Achégase a data máis esperada de outubro... o Samaín! E, por ese motivo, queremos lanzar un concurso para que nos axudedes a crear a mascota que este curso acompañará o noso PDI de centro: MAXIA E FANTASÍA! Como vai nacer en outubro, cremos que será un personaxe moi outonal. E que hai máis outonal ca o Magosto? Por iso se chamará Magostín . Ademais, seguramente naza impregnada da maxia que arrodea esta fin de mes... E é que outubro é un mes moi máxico e, ademais, en Galicia temos moita maxia e fantasía!  Seguro que lembrades os seres mitolóxicos que coñecemos en cursos anteriores... Para os que acabades de chegar ao cole, falamos de figuras como o nubeiro ou a coca. Pois ben, para elaborar a Magostín deberedes crear un debuxo (Primaria) ou unha colaxe (Infantil) baseándovos nas características dos nosos seres mitolóxicos. Aquí vos deixamos unha presentación coas normas de participación e con algunhas ideas de seres mitolóxicos que p...

O noso Samaín

Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de es...

Letras Galegas 2025

Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As  Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras  Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral.  No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras  Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos   a  Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...

23 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro

Prezadas familias! Hoxe, domingo  23 de febreiro , conmemórase unha das  figuras máis relevante da nosa literatura galega:  Rosalía de Castro .  Seguindo o Proxecto Documental Integrado (PDI) do cole: segredos da natureza , o alumnado e profesorado de infantil e primaria, a través da súa creatividade, déronlle vida a aqueles poemas que conectan directamente cos catro elementos da natureza:  terra, aire, lume e auga .  De ixamos unha pequena mostra do traballo desenvolvido, esperando que sexa do voso goce.  ROSALÍA E OS CATRO ELEMENTOS

Samaín 2024

 Prezadas familias! Hoxe comezamos a semana que Conmemora o Samaín. Como pistoletazo, e grazas a vosa colaboración, faremos o Concurso de Debuxos e Relatos que dan visibilidade á figura dos Seres Mitolóxicos de Galicia.   Lembrade que desde o Equipo de Biblioteca, contamos coa proposta da " hora de ler a escuras ": E xa no mes de Novembro,  continuaremos dándolle vida a nosa tradición galega grazas a Exposición dos Froitos de Outono .