O 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía co fin de homenaxear o nacemento da figuras máis relevante da literatura galega. É stas foron algunhas das grandes iniciativas que levaron a cabo o alumnado nas aulas: O alumnado de 5º de Primaria foi o encargado de crear a carteleira que decora a entrada da nosa escola. A aula de 4 anos A quixo pórlle cor ó día dunha das nosas musas: Rosalía . Mediante a aprendizaxe a través do asombro e o descubrimento, os cativxs atoparon espalladas pola aula diversas pezas dun mural que tiñan que compoñer. Deste xeito traballaron a atención, a coordinación visomotriz, a aproximación á lecto - escritura, a aprendizaxe cooperartiva e a relación coa nosa contorna cultural. Despois de moitas voltas, lograron darlle forma axeitada ó mural, ata compoñer un fermoso retrato de Rosalía creado por Abi Castillo , unha das artistas viguesas que estamos a traballar neste curso. Logo quixemos encher de cor os pedazos dese puzzle mu...