Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2011

RECURSOS ENTROIDO 2011

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Entroido. Neste monográfico especial podedes atopar información bibliográfica e da rede sobre o entroido, especialmente sobre o entroido tradicional galego; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración.  Premer na foto :  

Contos con agarimo

A editorial Patasdepeixe volve a deleitarnos cun novo conto Un album ilustrado de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.

Lois Pereiro

Como xa sabedes este ano o homenaxeado no Dia das Letras Galegas é Lois Pereiro . Lois Pereiro deixou un legado poético cunha linguaxe moi concreta, á vez moi visual, un universo de imaxes a través dos seus versos, a súa maneira de se enfrontar a medios, ilusións, ideas e paisaxes vitais que foi pouco a pouco percorrendo ata o momento da súa morte. Deixamos aquí uns enlaces para coñecer máis sobre el: Saúdos. http://mundolois.gl/que-e-mundo-lois http://mundolois.gl/quen-somos#lois-pereiro http://loispereiro.blogaliza.org/ http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/246/lois-pereiro http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18188 [editar] Referencias Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo .