Ola familia Castelao!
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, complácenos compartir con vós unha iniciativa orientada a gamificación da nosa lingua: O intercambio de correspondencia.
O alumnado dos diferentes niveis de Primaria, deseñaron as cartas que ían enviar ao alumnado dos diferentes coles de Galicia que quixeron participar con nós en dita iniciativa. Falamos do CEIP Canicouva, CEIP Fleming, CEIP Antonio Palacios, CEIP Melide Nº 1, CEIP Plurilingúe Irmáns Villar e o CEIP Celso Emilio Ferreiro. Dita iniciativa desenvolveuse con éxito, pois recibíronse a totalidade das correspondencias por ambas vías.
Deixamos unha pequena mostra, esperando que sexa do voso agrado.


Comentarios
Publicar un comentario