Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Letras galegas 2026: Begoña Caamaño

Bo día familia Castelao! Comezamos a semana das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada é Begoña Caamaño, non só polo seu compromiso coa lingua galega e a súa curta pero rica obra narrativa, senón tamén porque Begoña é un exemplo de como a literatura e a información poden estar ao servizo da liberdade e da igualdade. Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Compostela, 2014) non foi só unha xornalista ou unha escritora; foi unha persoa que cría que as palabras son ferramentas para mudar o mundo. A infancia de Begoña transcorreu no barrio vigués do Calvario, un lugar que sempre levou no corazón. Desde moi pequena foi unha lectora incansable, devorando libros que a facían imaxinar outras realidades. Aínda que estudou Maxisterio para ser mestra, a súa curiosidade levouna por outro camiño. Con só 22 anos, descubriu que a súa verdadeira vocación era o xornalismo , unha profesión que lle permitía estar onde pasaban as cousas e darlle voz a quen non a tiña. Begoña comezou a súa carreira profesiona...