09/02/10

Son A Maga do Entroido!

Son a Maga do Entroido,
Meco estes dias hei ser,
sexas de Vigo ou de Boiro, 
estas ordes terás que obedecer.

O mércores, como unha bibliotecaria,
unhas gafas tra na túa faciana.







O xoves, un lapis terás que traer:
no pelo ou no xersei o poderás prender.


O venres, na cara pintado,
traerás un libro recomendado.



Feliz Entroido 2010!



08/02/10

Caza do tesouro do Entroido

 

Queres saber máis cousas do Entroido: Preme na foto

 

03/02/10

Recursos en la web sobre o Entroido!

Aquí atoparedes unha gran cantidade de recursos sobre o Entroido.

Máscaras para colorear!

Se premes na foto atoparás moitas máscaras para colorear.
Escolle a túa!
Saúdos.

Mási historia sobre o Entroido.

Se queredes saber máis cousas sobre o Entroido preme na foto.
Saúdos

02/02/10

Máscaras galegas: "As Madamas e Galáns"

As comparsas de madamas e galáns celébranse en dúas parroquias do concello: Santo Hadrián de Cobres e Santa Cristina de Cobres, e as dúas forman unha banda integrada por un mordomo e parellas de madamas e de galáns que van bailar diante das casas dos veciños para que lles entreguen donativos cos que sufragar a festa. 

O máis chamativo desta festa son os traxes que levan os protagonistas, cunha base branca enfeitada con colares, sombreiros, flores, plumas, abelorios... que os fan ir vestidos do máis rechamante.Sobre as roupas era obrigado levar moitas xoias de ouro que lles ían pedindo aos veciños: pulseiras, colares, pendentes... canto máis grandes mellor. Ben peiteadas cun moño na cabeza, lucían os seus encantos bailando cos seus galáns no torreiro, nun lugar reservado para eles. Os galáns ían cuns pantalóns brancos, camisa branca e chaleco negro con pequenos petos dos que penduraba a cadea dun reloxo antigo. Tamén levaban unha faixa azul ou vermella como complemento á "pajilla", un sombreiro de palla cunha cinta negra da que penduraban outras cintas de cores.

Máscaras galegas: "Os volantes"

Os volantes son os personaxes típicos do Entroido ribeirao. 
Portan sobre a testa os famosos “puchos”, que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 quilos. Teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbia ou salgueiro. Sobre ela colgan numerosas cintas ou “colonias” de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o “pucho” se coloquen bonecas e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias. Coméntase que en cada freguesía tiñan un xeito de facelas. Nos ombreiros, os volantes levan panos cunha gran variedade cromática: son os chamados “portugueses”, que se diferencian dos  de cores máis tristes, utilizados antigamente e denominados “mariños”, xa que moitos deles proviñan de ultramar. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela (por ser como a bandeira española; dise que na antigüidade era a tea máis barata) aínda que na actualidade non é estraño ver os volantes coa cromática azul/branco. 
 
 Estes relevantes personaxes portan un cinto feito en coiro sobre o que penduran un total de 24 campaíñas (as “esquías” de Manzaneda e de Viana do Bolo) que se van alternando en función do seu son; as de timbre grave, denominadas “ machos ”, e as de son agudo ou “femias”. O seu papel ou función é a de protagonista principal, anunciando a festa aló por onde van.