Esta semana recibimos no cole unha decena de vídeos para o XIV concurso de relato oral Tíralle da lingua. Este concurso está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega https://www.as-pg.gal/ co fin de promover o uso da lingua galega na comunidade educativa.
Podedes ver aquí todos os participantes:
A verdade quédamos fascinadas cos vosos relatos e a orixinalidade da posta en escena. Desafortunadamente, só podían pasar 5 relatos á fase final, e a decisión foi moi complicada, pois como podedes ver, o nivel está moi alto!
Os títulos finalistas son os seguintes:
A nena pandeirereteira
Os tres porquiños e a loba
O tesouro de Solaina
As añas da bisavoa Antonina
A cova máxica
Moita sorte a todas as finalistas e moitos
parabéns a todos polas vosas superproducións!
Comentarios
Publicar un comentario