Samaín 2022

 Benquerida Comunidade Educativa!


    Outro ano máis queremos dar cabida ás festividades que tanta riqueza cultural nos aportan.

Achegándonos ao Samaín, transmitirvos a información do que se vai desenvolver ao longo da semana do 24 ao 28 de Outubro, para conmemorar o Samaín 2022 no cole. 

O alumnado poderá vir Disfrazado o Venres 28 de Outubro. Un disfrace que non dificulte a autonomía das cativas e cativos, como poden ser os disfraces dunha soa peza.

Respecto ás Merendas, poden traer unha merenda terrorífica no relativo á festividade (arañitas, dedos terroríficos, biscoito de cabaza…) para o seu gozo individual.

No relativo á Exposición de Cabazas levaremos a cabo unha exposición das mesmas. Unha vez rematada a semana de festividades, anunciaremos as cabazas gañadoras do Concurso de Cabazas Castelao 2022. Cada participante voluntario deberá traela "tuneada" de casa ao cole entre o Luns 24 e o Mércores 26 de Outubro.

  

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


Comentarios