Cartas ao Apalpador

Dende o EDNL do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao queremos dar continuidade a unha actividade que, ata o pasado ano, desenvolveu a Irmandade dos Apañacastañas. Esta asociación ten coma obxectivo principal  dar a coñecer e divulgar a figura do Apalpador.
Por iso, decidimos convocar o I Certame de "Cartas ao Apalpador" dirixido ao noso alumnado e ás súas familias.
Co fin de que poidades achegarvos a este personaxe, se aínda non o coñecedes, preparamos este vídeo, no que un grupo de nenos e nenas do colexio relatan o "Conto do Apalpador" de Lúa Sende e Alexandre Miguens.


Comentarios