Saltar ao contido principal

25 - N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Grazas a colaboración de toda a Comunidade Educativa, visualizamos e démoslle voz ao noso rexeitamento á violencia de xénero, a través de diversas iniciativas. Deixamos unha mostra das mesmas, esperando que sexa do voso goce: 


Materiais para APRENDER, REFLEXIONAR e XOGAR, recompilados polo noso Departamento de Orientación


MURAL representativo elaborado polo alumnado de 5 anos e 1º de Primaria


SEMENTANDO ESPERANZA: VERDE SOBRE VIOLETA. Dende as aulas de infantil e primaria, levouse a cabo unha fermosa iniciativa que tivo como obxectivo sementar esperanza contra a violencia de xénero. 




As cativas e cativos, coa colaboración das familias, trouxeron calzado para pintalo da cor representativa desta tan sentida Conmemoración para, a continuación, sementar esperanza con terra e vulvos, esperando que pronto medren verdes, manifestando a nosa repulsa á violencia de xénero.






Deixamos unha REPORTAXE fotográfica que reflexa a riqueza desta vivenza.

(pinchade na imaxe)





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas 2025

Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As  Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras  Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral.  No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras  Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos   a  Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...

Samaín 2024

 Prezadas familias! Hoxe comezamos a semana que Conmemora o Samaín. Como pistoletazo, e grazas a vosa colaboración, faremos o Concurso de Debuxos e Relatos que dan visibilidade á figura dos Seres Mitolóxicos de Galicia.   Lembrade que desde o Equipo de Biblioteca, contamos coa proposta da " hora de ler a escuras ": E xa no mes de Novembro,  continuaremos dándolle vida a nosa tradición galega grazas a Exposición dos Froitos de Outono . 

Letras Galegas 2024

Querida Comunidade Educativa: Chegamos a unha das Conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: Letras Galegas 2024 . Éste ano da man da escritora homenaxeada, Luísa Villalta Gómez . C omo cada ano, publicamos   a Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado, profesorado e familias con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace esperando que sexa do voso goce: 17 de Maio Día das Letras Galegas