INFORMACIÓN SAMAÍN

BENQUERIDAS FAMILIAS:

No relativo a celebración do SAMAÍN, e tendo en conta o momento que estamos a vivir e o esforzo que supón cada día para toda a comunidade educativa, non queríamos deixar pasar esta celebración, aínda que este ano levarase a cabo da seguinte maneira:

-       O alumnado poderá vir DISFRAZADO O DIA 30 DE OUTUBRO, tendo en conta que non poderán traer nigún tipo de complemento (tridentes, cadeas, caveiras…) nada que poida ser susceptible de estar tirado no chan o xenere as extras de ter que desinfectalos. Un disfrace sinxelo e que non dificulte a súa autonomía á hora de ir ao baño, como poden ser os disfraces dunha soa peza. Debedes ter en conta o uso da mascarilla o cal limite o tema da maquillaxe.

-       Respecto as MERENDAS, e tendo en conta que non poden ser compartidas, podedes traer unha merenda terrorífica (arañitas, dedos terroríficos, biscoito de cabaza…) para o desfrute de cada cativo e cativa de xeito individual, no seu taper correspondente, como ven sendo cada día pero ésta vez relativo a conmemoración.

-       No relativo a EXPOSICIÓN de CABAZAS que viñamos facendo, e dado que non poden traerse ao centro, podedes mandar unha foto da mesma decorada, indicando o nome e curso do alumn@, ao seguinte directorio: normalizacion@ceipcastelaovigo.com. Con un prazo límite do 27 DE OUTUBRO, pois nos vindeiros días publicaremos @s afortunado@s que van recibir un agasallo de agradecemento.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN E COLABORACIÓN


Comentarios