Un ano máis a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar un
monográfico especial
con recursos para traballar nas aulas o día das Letras Galegas:
http://www.coordinadoraendl.org/letras2012
. Este especial compila materiais didácticos como actividades,
unidades didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc.
elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións,
etc. e pretende facilitar o labor nos centros educativos. Trátase
dunha páxina en constante actualización.
Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral. No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos a Revista das Letras Galegas: As nosas Cousas . Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...
Comentarios
Publicar un comentario