Saltar ao contido principal

O labirinto dos soños



Seis capítulos dunha serie de animación para TV, na que cada capítulo corresponde a unha canción.
Conta as peripecias de Ventura tres pelos, un rapaz que nunca quería durmir porque non sabía soñar. Ata que unha noite, lendo un libro de contos, quedou por fir durmido e comezou a soñar. pero tanto soñou que soñaba e así. quedou atrapado no labirinto dos soños, onde vive as máis extraordinarias aventuras e desventuras. Ventura aínda continúa atrapado no labirinto, un lugar con moitos camiños, pero cunha soa saída.

Director:
Pepe Sendón

Duración:
12:11
Ano:
2001

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas 2025

Prezada Comunidade Educativa: Este sábado 17 de maio, celebrouse unha das conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: As  Letras Galegas 2025 . Este ano, dedicadas á poesía popular oral, as homenaxeadas van da man das pandeireteiras  Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido. Mulleres que, entre outras tantas, mantiveron viva a tradición oral.  No cole, quixemos visualizar o seu legado polo que, o pasado martes 13 de maio, contamos coa visita das pandeireteiras  Maria Rueiro e Carmen , que nos deleitaron cos seus cantos e aprendéronnnos os toques básicos de pandeireta: GRAZAS! (peme na imaxe para acceder a galería de fotos) Como cada ano, nestas datas tan sinaladas, publicamos   a  Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado e profesorado con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace agardando que sexa do voso goce: (preme na imaxe p...

Samaín 2024

 Prezadas familias! Hoxe comezamos a semana que Conmemora o Samaín. Como pistoletazo, e grazas a vosa colaboración, faremos o Concurso de Debuxos e Relatos que dan visibilidade á figura dos Seres Mitolóxicos de Galicia.   Lembrade que desde o Equipo de Biblioteca, contamos coa proposta da " hora de ler a escuras ": E xa no mes de Novembro,  continuaremos dándolle vida a nosa tradición galega grazas a Exposición dos Froitos de Outono . 

Letras Galegas 2024

Querida Comunidade Educativa: Chegamos a unha das Conmemoracións máis representativas da nosa Comunidade Autónoma: Letras Galegas 2024 . Éste ano da man da escritora homenaxeada, Luísa Villalta Gómez . C omo cada ano, publicamos   a Revista das Letras Galegas:  As nosas Cousas .  Deseñada polo alumnado, profesorado e familias con moito a garimo e creatividade, adxuntamos o enlace esperando que sexa do voso goce: 17 de Maio Día das Letras Galegas