Saltar ao contido principal

Máscaras galegas: "Os volantes"

Os volantes son os personaxes típicos do Entroido ribeirao. 
Portan sobre a testa os famosos “puchos”, que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 quilos. Teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbia ou salgueiro. Sobre ela colgan numerosas cintas ou “colonias” de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o “pucho” se coloquen bonecas e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias. Coméntase que en cada freguesía tiñan un xeito de facelas. Nos ombreiros, os volantes levan panos cunha gran variedade cromática: son os chamados “portugueses”, que se diferencian dos  de cores máis tristes, utilizados antigamente e denominados “mariños”, xa que moitos deles proviñan de ultramar. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela (por ser como a bandeira española; dise que na antigüidade era a tea máis barata) aínda que na actualidade non é estraño ver os volantes coa cromática azul/branco. 
 
 Estes relevantes personaxes portan un cinto feito en coiro sobre o que penduran un total de 24 campaíñas (as “esquías” de Manzaneda e de Viana do Bolo) que se van alternando en función do seu son; as de timbre grave, denominadas “ machos ”, e as de son agudo ou “femias”. O seu papel ou función é a de protagonista principal, anunciando a festa aló por onde van.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SAMAÍN 2026!

Ola, familia Castelao! Estamos moi emocionadas porque xa comezamos outubro, o mes no que celebramos o Samaín. Ata hai moi pouco tempo, o noso querido Samaín era coñecido, por mor do contido multimedia, como Halloween, a famosa celebración anglosaxoa. Pero a verdade é que en Galicia nunca existiu un Jalogüin nin nada que soase similar. Se lles preguntades aos vosos avós e avoas pola celebración desas datas, seguramente vos falen da noite de Defuntos, noite das Ánimas ou noite dos calacús, que non son outra cousa que cabazas. Foi o profesor Rafael López Loureiro quen, a través dun estudo, relacionou as festas que celebraban as nosas avoas e avós cos ritos célticos que tiveron lugar hai máis de 3.000 anos. O termo Samaín provén da palabra galaica Samhain, que significa “fin do verán e inicio da invernía”. E precisamente isto era o que celebraban os celtas hai moitos, moitos anos. Esta data, a noite do 31 de outubro, marcaba o fin da recolleita de colleitas e o inicio dun novo ciclo de esc...

23 F: Rosalía de Castro. A nosa celebración.

Ola comunidade Castelao! Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro , o alumnado de diferentes grupos do cole, recitou e musicalizou unha variedade de poemas de Rosalía, vivenciando e enriquecendo a súa obra.   Esperamos que gocedes coa nosa antoloxía poética sonora! 

O 8M con Carolina Bruzón

  Benquerida comunidade educativa: Con motivo da celebración do 8M , quixemos achegar ao noso colexio un referente feminino da nosa cidade. Ela é Carolina Bruzón , unha muller empoderada que rachou moitas barreiras e estereotipos de xénero seguindo un único precepto: ser fiel a si mesma. Carolina foi bombeira, traballou tamén como formadora de bombeiros e percorreu toda Sudamérica coa única compaña da súa bicicleta, demostrando que a valentía, a perseveranza e a confianza nunha mesma poden levarnos moi lonxe. As nosas voluntarias da radio escolar fixéronlle unha marabillosa entrevista para que a poidades coñecer un chisquiño mellor. Agardamos que desfrutedes moito da escoita!